NOVAS
27/06/2021
CADEA HUMANA
A plataforma cidadá Salvemos o Malecón organizará unha cadea humana rodeando o Malecón para pór de manifesto a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos ambientais e urbanos do Malecón, a necesidade de pechar a Ponte Vella ao tráfico rodado e ao mesmo tempo a oposición da veciñanza á construción dunha nova ponte entre o Malecón e o barrio de Ramberde.
Esta plataforma cidadá presentou na Subdelegación de Goberno de Lugo un escrito a modo de solicitude comunicando a convocatoria da concentración que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño dende ás 12.30h e as 14:30h
25/06/2021
XORNADAS SOBRE MOBILIDADE
Os vindeiros días 25 e 26 de xuño celebraranse as xornadas ‘Pensar Monforte’, sobre mobilidade e rexeneración urbana, promovidas pola plataforma cidadá Salvemos o Malecón e organizadas polo Ateneo Casino en colaboración coa Universidade da Coruña. Programa
05/03/2021
SONDAXES NAS INMEDIACIÓNS DA PASARELA
Os voceiros dos grupos da oposición no concello de Monforte, PP de Monforte, Bng de Monforte, e Espertamonforte, con representantes da Plataforma Salvemos O Malecón, participaron esta maña dunha "concentración simbólica", ante a imposibilidade de levala a cabo con normalidade por mor do covid, para deixar constancia do seu malestar ante as sondaxes que se están realizando á procura da cimentación para construir a nova ponte.
30/12/2020
INTELIXENCIA NATURAL (Segunda Tempada-Nadal)
Novos persoeiros e líderes de opinión de Monforte e de Galicia súmanse coas suas opinións a defensa do Malecón. Nesta ocasión contamos con Miguel Costas, Antón Patiño, e Ramón Casanova.
07/10/2020
INTELIXENCIA NATURAL (Primeira Tempada)
A plataforma non pisa o freo e volve a carga para defender o entorno do Malecón cunha nova campaña denominada Intelixencia Natural, contando esta vez coa colaboración inestimable de persoeiros e líderes de opinión de Monforte e de Galicia, que prestarán a súa imaxe e a súa palabra para expresar o seu punto de vista ante este proxecto en formato de vídeo.
Nesta primeira entrega tivemos o privilexio de contar co apoio de María Encinar, Xose Manuel Pereiro e Roberto González.
Pódense visualizar todos os videos da campaña na nosa conta oficial de Youtube
24/09/2020
PON O MALECÓN NO TEU BALCÓN
A plataforma lanza a campaña "Pon O Malecón no teu balcón" coa que se pretende encher Monforte de bandeirolas e pancartas colgadas dos máis diversos lugares e así visibilizar o amplo descontento da poboación monfortina co proxecto da ponte.
Pódense visualizar as fotos da campaña na nosa conta oficial de Instagram
07/09/2020
ADEGA POSICIONASE EN CONTRA DA PONTE
A asociación ecoloxista galega cre que un plan integral de mobilidade sustentable concluirá que a ponte é innecesaria, e contribuirá na posta en valor das zonas verdes e a contorna do Cabe ao seu paso pola cidade.
“Rompería a harmonía do parque do Malecón e provocaría un incremento innecesario do tráfico na cidade. Cuestionamos esta necesidade de conectar o ambulatorio co hospital, ademais consideramos prioritario o estudo de vías alternativas para o tráfico, de xeito que a cidade fora deseñada para as persoas, e non para os vehículos.”
El secretario general de esta asociación, Froilán Pallín, indicó que la justificación de la obra tiene que ir de la mano de un plan de movilidad, documento que debe formar parte del plan especial de protección del casco histórico.
28/07/2020
REXISTRAMOS A PLATAFORMA NO CONCELLO
Preséntase no rexistro do Concello un escrito anunciando oficialmente a creación da plataforma “Salvemos o Malecón”.
No documento presentado no Concello, figuran os obxectivos da plataforma, que son, segundo sinalan:
Informar de forma rigorosa do proxecto de construción dunha ponte de ferro de enormes dimensións para o tráfico rodado no medido da contorna natural do Paseo do Malecón, en pleno centro de Monforte, de forma que a xente poda ter unha opinión veraz e certeira do proxecto que se pretende levar a cabo.
Concienciar do erro irreparable que suporía levalo adiante, xa que faría inviable encamiñar a Monforte cara un modelo de cidade con futuro: saudable, sostible, accesible, peonil, aberta á xente e a espazos verdes no centro da vila, tal e como se vén facendo en cada vez máis cidades e vilas de todo o mundo.
Estudar e propoñer opcións alternativas ante a necesaria peonalización da Ponte Vella, a fin de que sexan más eficaces coa mobilidade e respectuosas co medioambiente e a saúde.
A plataforma comeza tamén unha campaña de búsqueda de propietarios de locais comerciais (tanto en uso como baleiros) que se amosen identificados cos seus obxectivos para animalos a que coloquen nun lugar visible do seu local un cartel co logo de “SALVEMOS O MALECÓN” co obxectivo de colaborar a difundir a nosa mensaxe.
Aquelas persoas interesadas poden poñerse en contacto coa plataforma a través do correo electrónico salvemosomalecon@gmail.com ou enviado unha mensaxe privada a través do facebook da plataforma.
17/07/2020
APROBACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE MONFORTE
A nova ponte non se podería construír sen modificar o plan.
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo conclúe que o documento aprobado provisionalmente o pasado 6 de xullo corrixe todas as obxeccións e consideracións que lle trasladara ao Concello respecto do plan inicial
O ámbito de actuación abrangue unha superficie de 69,18 hectáreas, que se corresponden basicamente coa zona declarada como Ben de Interese Cultural.
O Plan Especial non prevé ningunha nova ponte sobre o río Cabe.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir informe favorable como paso previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico (PEPCHA) do Concello de Monforte de Lemos.
Tras recibir o visto bo da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, o Goberno municipal poderá seguir adiante coa tramitación do plan, que arrancou no ano 2016 coa avaliación ambiental do documento. En febreiro do ano pasado, a Xunta de Goberno local aprobou provisionalmente o PEPCHA, remitíndoo á Consellería para o seu ditame.
Sen embargo, á vista da documentación presentada, Urbanismo emitiu un informe desfavorable, requiríndolle ao Concello, como promotor da iniciativa, que foran emendadas unha serie de cuestións.
Finalmente e logo de facer as oportunas correccións ao documento, a Xunta de Goberno Local acordou o pasado 6 de xullo aprobar provisionalmente o PEPCHA e remitilo de novo á Consellería, que tras comprobar as modificacións realizadas considera que se deu cumprimento a todas as consideracións e obxeccións formuladas no seu día e, por conseguinte, informa favorablemente como paso previo á súa aprobación.
En todo caso, tal e como se recolle no propio documento promovido polo Concello, no caso de pretenderse a execución dunha nova ponte sobre o río Cabe aos efectos de garantir a peonalización da ponte medieval, previamente sería necesario tramitar unha modificación puntual do PEPCHA que vai aprobarse agora, acreditando que concorre interese público, someténdoa a unha nova información pública e recabando o informe favorable de todos os organismos sectoriais afectados, nomeadamente a Confederación Hidrográfica e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, conforme ao establecido na Lei do solo de Galicia.
Dobre obxectivo: protexer e rehabilitar
O PEPCHA de Monforte ten o dobre carácter de documento de protección, en canto que propón medidas destinadas a salvagardar o patrimonio cultural, e de plan de rehabilitación, xa que ordena e programa actuacións dirixidas a recuperar e impulsar os valores sociais, culturais, económicos, ambientais, edificatorios e funcionais do conxunto do seu ámbito.
Como obxectivos xerais da ordenación establece a salvagarda do patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e cultural; a recuperación do uso residencial e a actividade económica; a mellora das condicións de vida, evitando o deterioro da zona; a integración da zona no contexto funcional da cidade; e a protección dos valores ambientais e paisaxísticos.
Deste xeito, o PEPCHA contén, dunha banda, a protección, conservación e catalogación do patrimonio cultural, histórico-artístico e arquitectónico, e doutra, unha proposta de ordenación pormenorizada, con regulación de usos, condicións da edificación, cualificación urbanística, reservas dotacionais e espazos libres, viabilidade, servizos urbanísticos, etc. Tamén inclúe a normativa urbanística e o estudo económico, e o programa de actuacións.
O ámbito do plan especial correspóndese esencialmente co declarado Ben de Interese Cultural mediante o Decreto 187/2005, de 16 de xuño, que modifica o anterior de 1973, incorporando como zonas de respecto os barrios de Ramberde, Carude e Praza do Piñeiro, así como as beiras do río Cabe. Abrangue unha superficie total de 69,18 has, das que 52,51 has corresponden propiamente ao conxunto declarado e 17,67 has ás zonas de respecto. A delimitación do plan rectifica o perímetro do conxunto, adaptándose ao parcelario existente.
09/07/2020
NACE A WEB DA NOSA PLATAFORMA
Esta web pretende aportarlle á nosa veciñanza unha visión máis crítica e global sobre este proxecto, da cal se carecía ata o momento.
05/07/2020
RAMBERDE EN PERIGO
O Concello pretende mercar xa unha casa para derrubala e ampliar o acceso da ponte cara Ramberde.
Esta nova fíxose pública tan só catro días despois da presentación pública dos anteproxectos.
01/07/2020
PRESENTACIÓN PÚBLICA DOS ANTEPROXECTOS
A proposta gañadora plantea numerosas dúbidas e problemas, tal e como se analiza na sección O PROXECTO
"El alcalde había anticipado que el diseño elegido es el que más respetaba los objetivos básicos del concurso, que pasaban por encontrar una propuesta que se pareciese al antiguo puente de hierro que se hundió en los años cincuenta, y en cuyo lugar fue construido unos años después el puente nuevo."